lunes, 9 de agosto de 2010

Cronica

De min as triste Frouseira
que por treizón foi vendida
derribada na ribeira
ca xamais se veu vencida
Por treizón tamén vendido
Xesús noso redentor
e por aquestes tredores
Pedro Pardo meu señor

Recordando esta copla dende as ruinas do Castelo da Frouxeira onde Pardo de Cela lle fixo frente o capitan vasco-frances Mudarra comezamos a nosa andaina de cara o Castelo de O Castro 20 camiñantes que ben poideran ser 20 soldados de Pardo de Cela facendo o ultimo recorrido co seu señor.
O día prestouse para andar nin quentaba o sol nin chovia como en dias anteriores.
O descenso foi lento polo deterioro do camiño por culpa das augas caidas.
O chegar a parte mais baixa a ruta converteuse nun paseo ainda mais pensando no recibento que nos agardaba,unha cervexa fria e un bolo preñado,a organización portouse moi ben, logo de ver o mercado e mercar algunha cousiña cada quen marchou para a súa casa non sin antes quedar para o vindeiro ano eso si esta vez vestidos de epoca

Angel Rivas


No hay comentarios:

Publicar un comentario